AMADORES DA MÚSICA APRAZA A ASEMBLEA CONVOCADA PARA O 14 DE NOVEMBRO POR INDICACIÓN DO CONCELLO, POLA PANDEMIA DE COVID 19.

A asociación ribadense Amadores da Música aprazou a asemblea xeral extraordinaria de socios que estaba convocada para o día 14 de novembro no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo cun único asunto na orde do día: a presentación de candidaturas e a elección de nova xunta directiva.
 
A actual directiva de Amadores da Música, presidida por Elisa Álvarez Amor, tomou a decisión de suspender esa reunión atendendo ás indicacións do Concello para extremar as precaucións debido á pandemia de Covid 19.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...