A BANDA DE RIBADEO OFRECE O SEU TRADICIONAL CONCERTO DE NADAL AQUÍ COMO EN VIENA ESTE VENRES, 29 DE DECEMBRO. NALGUNHAS PEZAS ESTARÁ ACOMPAÑADA POR BAILARÍNS DA ESCOLA DE MÚSICA E DANZA RIBADENSE.

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal, titulado Aquí como en Viena, este venres, 29 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval. Nalgunhas das pezas que interpretarán os músicos estarán acompañados no escenario por actuacións de bailaríns da Escola Municipal de Música e Danza ribadense.
 
O director da Banda de Ribadeo, David Ballester Martínez, anuncia: “chegadas as datas do Nadal non podía faltar o concerto Aquí como en Viena da Banda Municipal de Música de Ribadeo, que terá lugar o venres 29 de decembro ás oito e media da tarde no auditorio Hernán Naval. Nesta ocasión, como é habitual neste concerto, constará de dúas partes: a primeira será un pouco máis festeira; e a segunda, un pouco máis seria, tirando cara ese concerto de Viena, con polkas e valses. Este ano de novo contaremos coa presenza de alumnos e alumnas da Escola de Música e Danza de Ribadeo na parte de danza, dirixidas por María Justo, que nos acompañarán nalgunhas de pezas que imos interpretar”.
 
David Ballester engade: “esperamos que toda a xente que estea por Ribadeo aproveitando as datas de Nadal se achegue o 29 de decembro ás oito e media da tarde ao auditorio Hernán Naval a pasar un intre agradable xa que nestas festas é un acto importante para nós este concerto Aquí como en Viena. Así que quedan todos convidados a desexámoslles unhas boas festas”.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...