A BANDA DE RIBADEO TRASLADA O CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS PARA ESTE SÁBADO, DÍA 22. SERÁ A SÚA PRIMEIRA ACTUACIÓN ESTE ANO.

A Banda Municipal de Música de Ribadeo trasladou o seu tradicional concerto das Letras Galegas, que a semana pasada foi aprazado polo mal tempo, para este sábado, día 22, ás 20:00 horas no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz. Será a súa primeira actuación neste ano, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
 
O director da Banda ribadense, David Ballester, adiantou que no concerto deste sábado, para celebrar o Día das Letras Galegas, “a gran maioría das pezas que se interpretarán son obras galegas ou de temática galega”.
 
Ballester remata invitando á xente a que se achegue ao campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz este sábado, día 22 ás oito da tarde. Pero destaca que “polo ben de todos deben gardarse as distancias de seguridade, usar a máscara e todo o que faga falta para que isto acabe o antes posible e poidamos volver á normalidade e facer os concertos como antes”. 
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...