A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO, DIRIXIDA POR DAVID BALLESTER E RUBÉN SOLLOSO, INTERPRETOU TEMAS POP NO CONCERTO CHURRASCADA CELEBRADO ONTE NO AUDITORIO DE CABANELA.

A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida nesta ocasión por David Ballester nunhas pezas e por Rubén Solloso noutras, interpretou temas pop no tradicional concerto churrascada que celebrou na tarde noite de onte, sábado, no auditorio ao aire libre de Cabanela, xunto ao paseo marítimo ribadense.
 
A Banda de Ribadeo tocou estas pezas: Umbrella, Alejandro, Y.M.C.A., Mocedades en concierto, Surfin´ U.S.A., Bohemian Rhapsody, Happy, Raphael Medley, Mambo Nº 5 e Eurovisión Junior.
 
Despois da actuación compoñentes da Banda e público compartiron unha churrascada, que foi elaborada no propio auditorio de Cabanela pola Asociación de Amigos da Semana Santa de Ribadeo, aos que David Ballester lles agradeceu a súa colaboración.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...