AS BANDAS DE MÚSICA DE ARCA, LUARCA E RIBADEO ACTUARON NO FESTIVAL CELEBRADO NO PARQUE RIBADENSE, QUE CONTOU CON NUMEROSO PÚBLICO.

As bandas de música de Arca, Luarca e Ribadeo actuaron na vixésimo terceira edición do festival de bandas organizado pola asociación Amadores da Música, que se celebrou o pasado sábado no parque ribadense, evento que contou con numeroso público.
 
Antes do festival as tres bandas ofreceron un pasarrúas e continuación comezou a actuación da banda de Arca, dirixida por José María Blanco Pampín, que ofreceu as pezas El Meu Iaio, The Witch and the Saint, Mar i Bel, Fandango e Muiñeira dos Pendellos. Seguidamente a banda de música La Lira, de Luarca, que dirixe David Colado Coronas, interpretou Oviedo, Jota Villoria, Bon Jovi Rock Mix, Concierto d’amore, Caravan e Nino Bravo en concierto. E rematou o concerto a banda ribadense, dirixida por David Ballester Martínez, que ofreceu De Granada a Daimiel, Suite Galaica (en dous movementos: Espertar na Montaña e Noite de Bruxas, na que fixo unha narración Toni Deaño) e Of Castles and Legends. Despois o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e o presidente de Amadores da Música, Chema Suárez, entregaron placas conmemorativas ás agrupacións participantes. Finalmente a banda de Ribadeo interpretou o pasodobre O Chopo.
 
O XXIII festival de bandas de Ribadeo foi presentado pola xornalista e locutora Carmen Cruzado, directora de Faro Norte Comunicación.
 
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...