DEBIDO AO MAL TEMPO O XII FESTIVAL DE BANDAS DE RIBADEO CELEBROUSE NO AUDITORIO MUNICIPAL HERNÁN NAVAL, QUE ESTIVO REPLETO DE PÚBLICO.

 
Debido ás adversas condicións meteorolóxicas que houbo na xornada de onte, sábado, a vixésimo segunda edición do Festival de Bandas de Ribadeo, que se ía celebrar no parque de San Francisco, trasladouse para o auditorio municipal Hernán Naval, que estivo repleto de público.
 
Actuou en primeiro lugar a Banda Cultural e Recreativa de As Pontes, dirixida por José Lodeiro Gesto; seguidamente tocou a Agrupación Musical de A Guarda, que dirixe Víctor Luis Alonso Treinta; e pechou o festival a Banda Municipal de Música de Ribadeo, coa dirección de David Ballester Martínez.
 
Ao rematar as actuacións os representantes das tres bandas intercambiaron agasallos e finalmente o Concello de Ribadeo entregou un obsequio como recordo da súa participación neste festival, concretamente unha figura de cerámica do artista mariñán Otero Regal, ás tres agrupacións.
 
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...