O CONCERTO DE SANTA CILLA DA BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO SERÁ ESTE SÁBADO, DÍA 23, NO AUDITORIO HERNÁN NAVAL.

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Santa Cilla este sábado, día 23, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval. O director da formación, David Ballester, salienta que nesta actuación debutarán nove músicos, que se incorporaron recentemente á banda, algo que considera moi importante.
 
O director da Banda ribadense anuncia: “imos interpretar unha obra na que seis clarinetes van ser solistas; e logo tocaremos outra peza, para trombón e banda, na que un dos nosos trombonistas, Daniel, vai ser o solista. O resto do concerto vai estar dedicado a un arreglista que se chama Frank Bernaerts, e imos tocar obras que arranxou el de diferentes grupos. A gran maioría do repertorio deste concerto vai estar por primeira vez nos atrís da Banda Municipal de Música de Ribadeo”.
 
David Ballester quere “animar á xente que se atope por Ribadeo ese día, este sábado 23, a que se achegue ao auditorio Hernán Naval ás oito e media da tarde”.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...