O PARQUE DE SAN FRANCISCO ACOLLEU O XXIV FESTIVAL DE BANDAS DE RIBADEO, NO QUE PARTICIPARON AS DE VILLAMAYOR (SALAMANCA), VILALBA E A RIBADENSE.

O ribadense parque de San Francisco acolleu onte, sábado, a vixésimo cuarta edición do Festival de Bandas de Ribadeo, organizado pola asociación Amadores da Música, no que participaron as formacións de Villamayor (Salamanca), Vilalba e a ribadense.
 
O evento contou coa presenza de numeroso público. Antes de empezar as actuacións das bandas no escenario instalado no parque de San Francisco ofreceron un pasarrúas que comezou no Teatro.
A primeira que actuou foi a banda de Villamayor, dirixida por Pedro Hernández Garriga; despois fíxoo a de Vilalba, baixo a dirección de César Concheiro Guerrico; e pechou o festival a de Ribadeo, que dirixe David Ballester Martínez.
 
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e a presidenta de Amadores da Música, Elisa Álvarez, entregaron agasallos ás tres bandas participantes no festival, que foi presentado pola xornalista Carmen Cruzado, directora de Faro Norte Comunicación.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...