RIBADEO ACOLLE O SEU TRADICIONAL FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA MAÑÁ, SÁBADO, COAS ACTUACIÓNS DA FORMACIÓN LOCAL E AS DE ARCA E LUARCA.

Ribadeo acolle o seu tradicional festival de bandas de música mañá, sábado, que contará coas actuacións da formación local e as de Arca, localidade do concello coruñés de O Pino, e a de Luarca (Asturias).
 
O evento, organizado pola asociación Amadores da Música, celebrarase no escenario instalado no parque de San Francisco a partir das sete e media da tarde. Antes as tres bandas participantes ofrecerán un pasarrúas. En caso de choiva o festival trasladarase ao Cine Teatro.
  
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...