14
Abr
0
NO CONCERTO DE SEMANA SANTA DA BANDA DE RIBADEO DEBUTOU UN NOVO MÚSICO: O TROMPETISTA QUICO JORDÁ.
By: adm
Categoría:
Despois de cinco meses sen actuar, a Banda Municipal de Música de Ribadeo, que continuou con ensaios durante ese tempo, volveu ofrecer un concerto onte, mércores. Foi o de Semana Santa, que tivo lugar na igrexa parroquial de Santa María do Campo e no que debutou un novo músico: o trompetista Quico Jordá.