David Ballester Martínez

davidballester.jpg

 Nace en Betanzos (Coruña). Á idade de nove anos ingresa na Escola de Música da súa vila natal, onde recibe leccións de José Pita e Antonio Cal. No ano 1992 ingresa no Conservatorio de Betanzos e alí será discípulo de Juan A. Cervero, clarinetista solista da OSG. No ano 1996 é admitido, mediante proba de acceso, no Conservatorio Profesional da Coruña e alí estuda con Carlos Casadó. En 2003 ingresa no Conservatorio Superior da Coruña e comparte aulas con José M. Belló.

Asistiu a cursos con profesores de gran prestixio como Guy Deplus, Michael Arrignon, Roy Jowit, Walter Beykens, Joan Enric Lluna, Enrique Pérez Pique… Participou en diversas actividades formativas de Música de Cámara co catedrático Luis Rego e de Recursos Pedagóxicos na Educación Musical con Enrique Muñoz. Tamén realizou cursos de dirección con Jan Cober. J.R. Pascual-Vilaplana e Norman Milanés.

Foi profesor na Escola de Música de Ortigueira. Colaborou coa OSG nunha gravación para unha banda interna.

Membro do cuarteto de clarinetes Stadler e tamén da Banda Municipal de Betanzos, formou parte do grupo de música de cámara Proxecto Cámara 2.07 é clarinetista solista na Banda Ferrolá de Música. É decote reclamado para colaborar con agrupacións de diferentes puntos da nosa comunidade: Silleda, O Rosal, Monterroso, Santa Cruz de Ribadulla, Arteixo …

Na actualidade exerce tamén como profesor de clarinete na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, e dende 2009, dirixe a Banda Municipal desta Vila.