Viveiro, 1962. Estudou nos Conservatorios de A Coruña, Madrid, Santiago e Lugo. Foi profesor do Conservatorio de Música de Viveiro até o seu traslado a Ribadeo para formar e dirixir a Banda Municipal . Criou, co apoio e patrocinio do Exmo. Concello, a Escola Municipal de Música de Ribadeo, primeiro centro das súas características fundado en Galicia.
Hernán Naval é autor de pezas para Coro (formou e dirixiu durante dous anos a Coral Polifónica de San Ciprian (Cervo) e para Banda; dúas das súas obras (Portbou-Saraxebo e Lonxe do mar) están incluídas no primeiro CD. Gravado pola Banda Municipal de Ribadeo baixo a súa dirección.
Hernán Naval ten contribuido, como ponente, conferenciante e articulista, á divulgación dun novo discurso sobre a papel sócio-cultural das Bandas amaters e a formación musical da xuventude, organizando en Ribadeo, en 1994, un importante Congreso de Bandas de Música Populares de Galicia e participando en diversos foros.
Hernán Naval foi vicepresidente da Asociación Galega de Escolas Municipais de Música (AGEMM) e dirixiu a Big Band promovida por esta asociación para participar no VI Festival de Música dos Xóvenes Europeos que se celebrou en Trondheim (Noruega).
Falece o 17 de Maio de 2001.