POR TEMOR Á CHOIVA O CONCERTO DE MÚSICA DE CINE DA BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO TRASLADOUSE ONTE AO CINE TEATRO, QUE ESTIVO ATEIGADO DE PÚBLICO.

 
Por temor á choiva o concerto de música de cine da Banda Municipal de Ribadeo trasladouse na noite de onte, venres, ao Cine Teatro, que estivo ateigado de público.
 
A Banda ribadense, dirixida por David Ballester Martínez, interpretou as seguintes pezas: All For Love, da película Los tres mosqueteros; Hallelujah, de Shrek; You´ll be in my heart, de Tarzán; unha selección de Harry Potter y el cáliz de fuego e outra de Bailando con lobos; os temas principais de Star Wars e de Juego de Tronos; e unha selección de El Señor de los anillos. E remataron ofrecendo de novo o tema principal de Star Wars.
 
Mentres a Banda de Ribadeo interpretaba as pezas, na pantalla do Cine Teatro proxectáronse fragmentos das películas a cuxas bandas sonoras pertencían os temas.
 
 
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...