A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO HOMENAXEOU AO SEU MÚSICO JOSÉ LUIS BARBOSA PORQUE LEVA 21 ANOS SEGUIDOS TOCANDO NA FORMACIÓN. FOI DURANTE O CONCERTO DE SANTA CILLA CELEBRADO ONTE Á NOITE NO AUDITORIO HERNÁN NAVAL.

 
A banda municipal de Ribadeo homenaxeou ao seu músico José Luis Barbosa porque leva 21 anos seguidos tocando na formación. Foi durante o concerto de Santa Cilla celebrado onte, sábado, á noite no auditorio Hernán Naval.
 
Antes da actuación o presidente de Amadores da Música, Chema Suárez, e o director da banda, David Ballester, entregaron a José Luis Barbosa unha placa como homenaxe por ser o músico que leva máis anos seguidos tocando na formación. Este recoñecemento foi acollido con sorpresa e agradecemento por Barbosa.
 
Anteriormente foran dados a coñecer publicamente 5 novas músicas que se acaban de incorporar á banda e seguidamente comezou o concerto, no que algunhas pezas foron dirixidas polo seu titular, Davida Ballester Martínez, e outras polo segundo director, Rubén Solloso Irimia. No primeiro tema, Concerto nº 2 para dous clarinetes, de Felix Mendelssohn, actuaron como solistas Mauro García e David Ballester; e na segunda peza, concerto para trombón, de Rimsky-Korsakov, o solista foi Manuel Álvarez. A continuación a banda interpretou Tom Jones in concert, Tijuana Brass in concert, Duke Ellington in concert e Sinatra in concert. O concerto rematou con dous bises.
 
O próximo concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo na vila ribadense será o tradicional Aquí como en Viena, que está programado para o día 30 de decembro, venres, ás 21 horas no Teatro.
 
 
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...