A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester, ofreceu o seu tradicional concerto das Letras Galegas no Cine Teatro onte, sábado.
Antes de empezar a actuación unha das músicas da formación, Carolina Yáñez, dirixiuse ao público para falar do autor ao que se dedicou o Día das Letras Galegas este ano, Carlos Casares, e anunciou o programa do concerto, no que a Banda ribadense ofreceu pezas como Alborada Galega, Lela (serenata de boticarios), Lugo-Ferrol, Lonxe do mar, Mozos de Penedo, Música Mestres!, A xota de Nicolás ou Banda galega. A actuación rematou coa interpretación do himno galego.
O próximo concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo na vila ribadense será o que se celebre para conmemorar o Día da Patria. Está programado para o 25 de xullo ás 20:30 horas no parque de San Francisco.