A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO OFRECEU ONTE O SEU TRADICIONAL CONCERTO DO DÍA DA PATRIA GALEGA E ESTE SÁBADO ACTUARÁ NO FESTIVAL DE BANDAS RIBADENSE XUNTO ÁS FORMACIÓNS DE LUARCA E ARCA.

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofreceu onte, martes, o seu tradicional concerto do Día da Patria Galega e este sábado 29 participará no festival de bandas ribadense que organiza a asociación Amadores da Música e no que actuará xunto ás formacións de Luarca e Arca. 
 
No concerto de onte, celebrado no parque de San Francisco coa presenza de numeroso público, a banda ribadense, dirixida por David Ballester Martínez, interpretou as pezas Lonxe do Mar, de Hernán Naval; La Cumparsita, de Matos Rodríguez; Lugo-Ferrol, de G. Baudot; Música Mestres, de Juan L. Diéguez; Into de storm, de Robert W. Smith; Hércules, de Alan Menken; e Xota de Nicolás, de José Luis Represas, para rematar co himno galego.
 
O festival de bandas celebrarase tamén no escenario instalado no parque de San Francisco se o tempo acompaña, pero se chove trasladarase ao Cine Teatro. Será este sábado, día 29, ás sete e media da tarde e ademais da formación ribadense actuarán a de Arca, localidade do concello coruñés de O Pino, e a de Luarca (Asturias).
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...