UNHAS 400 PERSOAS ASISTIRON ONTE Á NOITE AO CONCERTO DE MÚSICA DE CINE DA BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO, QUE ESTREOU SEIS PEZAS NESA ACTUACIÓN.

Unhas 400 persoas asistiron onte á noite no parque de San Francisco ao concerto de música de cine da Banda Municipal de Ribadeo, que estreou seis pezas nesta actuación dirixida por David Ballester Martínez.
 
Os temas que Banda Municipal de Música de Ribadeo tocou por primeira vez onte son Highlights from Mary Poppins, Colors of the wind (Pocahontas), Toy Story, The sound of music, Highlights from Frozen e La pantera rosa. Tamén interpretaron Hércules e La bella y la bestia.
 
Acompañando ás interpretacións proxectáronse nunha pantalla de 4 por 3 metros fragmentos das películas á que pertencen eses temas musicais.
 
Ao rematar o concerto David Ballester agradeceu o esforzo especial que tiveron que facer os músicos para preparar esta actuación porque só dispuxeron de dous días para os ensaios. 
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...