A BANDA DE BETANZOS ACTUOU ONTE NO CINE TEATRO DE RIBADEO CONVIDADA POLA ASOCIACIÓN AMADORES DA MÚSICA. O DIRECTOR DA BANDA DE RIBADEO, O BETANCEIRO DAVID BALLESTER, TOCOU O CLARINETE EN 5 PEZAS E DIRIXIU Á FORMACIÓN DA SÚA LOCALIDADE NATAL NA ÚLTIMA QUE

A Banda Municipal de Música de Betanzos actuou onte no Cine Teatro de Ribadeo convidada pola asociación Amadores da Música, que organizou este concerto coa colaboración do Concello ribadense. Nesa actuación participou o director da Banda de Ribadeo, o betanceiro David Ballester, que tocou o clarinete en cinco das pezas que interpretaron baixo a dirección de Juan Antonio Ferrer Cerveró. E ademais no último tema que tocaron a Banda de Betanzos foi dirixida polo titular da Banda ribadense.
 
David Ballester tamén se encargou de presentar este concerto da banda da súa localidade natal e fíxoo contando algo da historia desta formación, que actualmente conta con 60 músicos, e destacou o currículo do seu director, Juan Antonio Ferrer Cerveró, valenciano que é un destacado clarinetista e actúa como solista na Orquesta Sinfónica de Galicia.
 
No concerto de onte a Banda de Betanzos interpretou Larga Cordobesa, de Francisco José Martínez Gallego; Memorias de África, de John Barry; Côte d´Or, de Ferrer Ferran; Saga Maligna, de Bert Appermont; Ciudad sorpresa, de Ferrer Ferran; e Banda Galega, de Felisindo Pérez Seara, esta última peza dirixida polo titular da Banda ribadense, David Ballester.
 
O presidente de Amadores da Música, Chema Suárez, entregou ao director da Banda de Betanzos un obsequio conmemorativo da súa visita a Ribadeo para ofrecer este concerto.     
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...