A BANDA DE RIBADEO OFRECERÁ O SEU TRADICIONAL CONCERTO DO DÍA DA PATRIA GALEGA O LUNS 25 NO CAMPO DE SAN FRANCISCO.

A Banda Municipal de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto do Día da Patria Galega este vindeiro luns, día 25, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco.
 
O director da formación, David Ballester, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo segue coa súa programación habitual e este vindeiro luns, 25 de xullo, ofrecerá o concerto do Día da Patria. Farémolo, se a meteoroloxía o permite, que esperemos que si, no Campo de San Francisco. En caso de mal tempo trasladarémonos ao auditorio municipal Hernán Naval.
 
Será ás oito e media da tarde e tocaremos pezas que xa interpretamos noutras ocasións, pero será un repertorio moi variado, no que incluiremos, obviamente, música galega, xa que é o Día da Patria, e tamén obras de compositores clásicos e de bandas sonoras”.
 
 

 

 

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...