RIBADEO RECUPEROU O SÁBADO O SEU TRADICIONAL FESTIVAL DE BANDAS, NO QUE ACTUARON A DE MEIRA E A RIBADENSE.

Ribadeo recuperou o seu tradicional festival de bandas de música, que non se celebrara estes dous anos anteriores debido á pandemia. Organizado pola asociación Amadores da Música, tivo lugar onte sábado, día 20, coas actuacións da Banda Municipal de Música de Meira e a ribadense, que ofreceron un pasacalles desde o Teatro ata o Campo de San Francisco e a continuación un concerto no auditorio municipal Hernán Naval.
 
A Banda de Meira, dirixida por Francisco Javier García Canto, interpretou España Cañí, de Pascual Marquina; Virxe da Macarena, con arranxos de Sierra-Represenas e Claudia Rico como solista; Abba Gold, con arranxos de Ron Sebregts; e Nino Bravo in Concert, arranxada por Manuel Calero García. E a Banda de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, tocou O Pequeno Nicolás, de José Luis Tielas Santiago; Kleine Ungarische Rhapsodie, de Alfred Bösendorfer; e Concerto D´Amore, de Jacob de Haan.
 
A presidenta de Amadores da Música, Elisa Álvarez Amor, entregoulle un agasallo á Banda de Meira. E a Banda de Ribadeo fíxolle unha despedida á música Andrea Rodríguez porque en breve marcha para Estados Unidos porque conseguiu unha beca nese país.
 
E o festival de bandas ribadense rematou coas dúas formacións interpretando conxuntamente dúas pezas: Banda Galega, dirixida por Francisco Javier García Canto, e Mozos do Penedo, coa dirección de David Ballester Martínez.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...