Nace en Lugo no seo dunha familia de artistas e comeza estudos musicais da man do seu pai. Remata os estudos de trombón nos conservatorios superiores de Santiago e Coruña obtendo as máis altas cualificacións.
Segue estudos en Madrid asistindo a cursos con prestixiosos profesores de Europa e EE.UU. como Indalecio Bont, John Etterbeek, Don Immel, Christian Lindberg, Jörgen van Rijen, etc.
Becado pola Orquesta Sinfónica de Galicia coa que colabora no Festival Internacional de Murcia, no Festival Lírico Jerezano e na difusión da Música española para Radio Nacional, e seleccionado para realizar estudos de posgrao no Rótterdam Conservatorium (Holanda) sendo o primeiro español na súa especialidade que obtén dita Praza.
Realiza diversos cursos e colaboracións con directores como James Ross, Enrique García Asensio, Marcel van Bree, etc.
Foi membro da Banda Municipal de Lugo, profesor e xefe de estudos no conservatorio profesional de Sarria, dirixiu a Banda e a Escola Municipal de Música de Bande (Ourense) e ten aprobada por oposición unha praza na Banda Sinfónica Municipal de Madrid. Ademais é membro fundador do trío “Ludus Trombonis” con que grava un CD, e do quinteto “Xanaman Galician Brass”. Tamén colabora coa Banda Sinfónica de Galicia e coa Orquesta Nacional de España.