NA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE SOCIOS CELEBRADA ONTE PARA ELIXIR NOVA XUNTA DIRECTIVA NON SE PRESENTOU NINGUNHA CANDIDATURA

A asociación Amadores da Música, de Ribadeo, celebrou asemblea extraordinaria de socios onte, sábado, para elixir nova xunta directiva, pero non se presentou ningunha candidatura.

Ante esta situación a directiva en funcións anunciou que convocará aos socios e sociais a unha nova asemblea extraordinaria “nun breve prazo de tempo a través de carta personalizada, co obxecto de que se forme unha nova directiva. De non presentarse ningunha candidatura en dita asemblea iniciaranse os trámites establecidos no artigo 23 da asociación para  a disolución da mesma”.
 

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...