A asociación ribadense Amadores da Música, que preside Elisa Álvarez Amor, celebrará asemblea xeral ordinaria de soci@s o día 26 deste mes de abril, sábado, no salón de actos da Casa do Mar, de Ribadeo. Está fixada para as 20:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda.
A orde do día inclúe estes asuntos a tratar: lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior; estado de contas da asociación; informe de actividades desenvolvidas; informe do director da Banda; e preguntas e suxestións.