A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO OFRECERÁ O TRADICIONAL CONCERTO DE SEMANA SANTA O DÍA 20 DE MARZO

O tradicional concerto de Semana Santa da Banda Municipal de Música de Ribadeo terá lugar no Teatro o día 20 deste mes, domingo, ás 20:30 horas. Sobre esta actuación o director da Banda, David Ballester, explicou hoxe que “este ano, como novidade, interpretaremos música de Semana Santa e tamén típica para  bandas; teremos unha actuación en dúas partes”. David Ballester engade que “ademais teremos a sorte de contar cunha solista da banda, que é Paula Pérez Conde, quen tocará á súa frauta o Adagietto for flute, de Ted Huggens. Esperamos que toda a xente que estea en Semana Santa por aquí, pola vila de Ribadeo, poida achegarse e gozar do concerto que imos interpretar”.

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...