concerto

10
Mai

A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO OFRECEU O CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS, O PRIMEIRO DESDE QUE TOMOU POSESIÓN A NOVA DIRECTIVA DE AMADORES DA MÚSICA

By: toni
Categoría: 

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofreceu o seu tradicional concerto das Letras Galegas este pasado sábado no Teatro ribadense. É a primeira actuación da Banda desde que tomou posesión a nova xunta directiva da asociación Amadores da Música, que preside Chema Suárez.

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
11
Abr

ENSAIOS PROGRAMADOS PARA O CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS

By: toni
Categoría: 

O Concerto terá lugar o sábado 7 de Maio ás 20:30 h. no Teatro

  • Venres 8 de Abril ás 19:00 h. na Casa do Mar.
  • Venres 15 de Abril ás 19:00 h. na Casa do Mar.
  • Sábado 16 de Abril ás 19:00 h. na Casa do Mar.
  • Sábado 23 de Abril ás 19:00 h. na Casa do Mar.
  • Venres 29 de Abril ás 19:00 h. na Casa do Mar.
  • Sábado 30 de Abril (hora sen confirmar – Asemblea de Amadores)
  • Venres 6 de Maio ás 19:00 h. no Teatro.
  • Sábado 7 de Maio ás 20:30 h. Concerto no Teatro.
     
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
29
Mar

O QUINTETO DE METAIS RIBADEO BRASS OFRECEU UN CONCERTO NA CAPELA RIBADENSE DA TERCEIRA ORDEN

By: toni
Categoría: 

O quinteto de metais Ribadeo Brass ofreceu un concerto na noite do pasado sábado en beneficio da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña. Tivo lugar na capela ribadense da Terceira Orden e contou con moita afluencia de público.

O quinteto Ribadeo Brass está formado por Álvaro García Álvarez, Rubén Solloso Irimia, José Luis Pulpeiro Grueso, Manuel Álvarez Rodríguez e Diego Vizoso Castro, que interpretaron pezas de Haendel, Giaches de Wert, Claudio Monteverdi, Bach, Frank, Pachelbel, Mozart e Ludwig Maurer.

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
08
Mar

A BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO OFRECERÁ O TRADICIONAL CONCERTO DE SEMANA SANTA O DÍA 20 DE MARZO

By: toni
Categoría: 

O tradicional concerto de Semana Santa da Banda Municipal de Música de Ribadeo terá lugar no Teatro o día 20 deste mes, domingo, ás 20:30 horas. Sobre esta actuación o director da Banda, David Ballester, explicou hoxe que “este ano, como novidade, interpretaremos música de Semana Santa e tamén típica para  bandas; teremos unha actuación en dúas partes”. David Ballester engade que “ademais teremos a sorte de contar cunha solista da banda, que é Paula Pérez Conde, quen tocará á súa frauta o Adagietto for flute, de Ted Huggens.

Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
Subscribe to RSS - concerto