09
Ago
0
UNS CEN MÚSICOS PARTICIPARÁN NO CONCERTO POLO 25 ANIVERSARIO DA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO QUE SE CELEBRARÁ NO AUDITORIO DE CABANELA O 19 DESTE MES. ESTE MESMO DÍA INAUGURARASE UNHA EXPOSICIÓN NA CASA DO MAR.
By: adm
Categoría:
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o día 19 deste mes, sábado, un concerto especial con motivo da celebración do seu 25 aniversario. Terá lugar no auditorio ao aire libre de Cabanela ás 21 horas e varios ex músicos actuarán xunto aos actuais integrantes da Banda. Ese mesmo día pola mañá será inaugurada unha exposición de fotos, instrumentos antigos e outros obxectos na Casa do Mar.