Noticias

26
Nov

SETE RAPAZAS DEBUTARON COA BANDA DE RIBADEO NO CONCERTO DE SANTA CILLA CELEBRADO ONTE.

By: adm
Categoría: 
Sete rapazas debutaron coa Banda Municipal de Música de Ribadeo no concerto de Santa Cilla, que se celebrou onte, sábado, no Teatro ribadense. 
 
As novas incorporacións da Banda de Ribadeo son: as frautistas Carla Rañón Broz e Sabela Cereijo Maseda; nos clarinetes Laura Bolaño Cotarelo e Iría Molejón Fernández; no saxo soprano Elena Justo Carballeira; no saxo alto Mar Cereijo Maseda e no violonchelo Sofía Rodríguez Zambrano.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
16
Nov

A BANDA DE RIBADEO ESTREARÁ VARIAS PEZAS E INCORPORARÁ NOVOS MÚSICOS NO CONCERTO DE SANTA CILLA. SERÁ O 25 DE NOVEMBRO NO TEATRO.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo, que dirixe David Ballester Martínez, estreará varias pezas e incorporará novos músicos no concerto para celebrar Santa Cilla. Será o 25 de novembro, sábado, ás 20:30 horas no Teatro.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
30
Xul

AS BANDAS DE VILALBA E RIBADEO PARTICIPARON ONTE NO XXVII FESTIVAL DE BANDAS RIBADENSE. NA FORMACIÓN LOCAL DEBUTOU A CLARINETISTA ANDREA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo incorporou a unha nova compoñente, a clarinetista Andrea Fernández Rodríguez, que debutou onte, na XXVII edición do festival de bandas local, no que participaron a formación ribadense e a Banda de Vilalba. Ambas ofreceron un pasacalles desde o Teatro ata o Campo de San Francisco e despois actuaron no auditorio Hernán Naval, con moita afluencia de público. 
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
28
Xul

RIBADEO CELEBRA MAÑÁ, SÁBADO, O SEU XXVII FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA, NO QUE ACTUARÁN A DE VILALBA E A LOCAL.

By: adm
Categoría: 
Mañá, sábado 29 de xullo, celebrarase en Ribadeo a XXVII edición do Festival de Bandas, no que actuarán as formacións de Vilalba e a ribadense. 
 
A partir das sete da tarde as dúas bandas farán un pasacalles desde o Teatro ata o Campo de San Francisco; e a continuación, ás 19:30 horas, terá lugar o concerto no auditorio Hernán Naval, onde as formacións ofrecerán primeiro unha actuación individual e despois tocarán unhas pezas as dúas xuntas.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
26
Xul

A BANDA DE RIBADEO REUNIU A GRAN CANTIDADE DE PÚBLICO NO CAMPO DE SAN FRANCISCO PARA ESCOITAR O CONCERTO DO DÍA DA PATRIA.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo reuniu a gran cantidade de público onte, martes, no Campo de San Francisco para escoitar o concerto do Día da Patria. Foi presentado pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
19
Xul

A BANDA DE RIBADEO CELEBRA O SEU TRADICIONAL CONCERTO DO DÍA DA PATRIA O 25 DE XULLO, MARTES, NO CAMPO DE SAN FRANCISCO.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria o 25 de xullo, martes, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco. No caso de mal tempo trasladaríase ao Teatro.
 
O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “co concerto do 25 de xullo, que será no Campo de San Francisco ás oito e media da tarde, celebraremos o Día de Galicia cun repertorio variado, tanto de música galega como doutros estilos”.
 
Festival de bandas ribadense o día 29
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
14
Mai

NO CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS DA BANDA DE RIBADEO DEBUTOU A CLARINETISTA ANTÍA UROZ ROCA E FORON HOMENAXEADOS O RIBADENSE CHOUPÍN E O COMPOSITOR ROGELIO GROBA.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofreceu onte, sábado, no Teatro ribadense o seu tradicional concerto para conmemorar o Día das Letras Galegas. Nesa actuación debutou a clarinetista Antía Uroz Roca e foron homenaxeados o ribadense Choupín (Víctor Manuel Sanjurjo Láncara) e o compositor Rogelio Groba Groba, os dous falecidos recentemente.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
10
Mai

A BANDA DE RIBADEO DEDICARÁ TRES PEZAS DO SEU CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS AO COMPOSITOR ROGELIO GROBA, RECENTEMENTE FALECIDO. SERÁ NO TEATRO RIBADENSE ESTE SÁBADO, DÍA 13.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo dedicará tres pezas do seu concerto das Letras Galegas ao compositor galego Rogelio Groba, recentemente falecido. Esta actuación será no Teatro ribadense este sábado, día 13, ás 20:30 horas.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
06
Abr

DOUS MÚSICOS DEBUTARON COA BANDA DE RIBADEO NO CONCERTO DE SEMANA SANTA, QUE OFRECEU ONTE. UNHA DAS PEZAS DEDICÁRONLLA AOS RIBADENSES FALECIDOS NO ACCIDENTE OCORRIDO EN XOVE.

By: adm
Categoría: 
Dous músicos, Julia Villar Pérez no clarinete e Javi Díaz Docobo na trompeta, debutaron coa Banda Municipal de Ribadeo no concerto de Semana Santa, que ofreceu na tarde noite de onte, mércores, na igrexa parroquial de Santa María do Campo. A última das pezas que interpretaron dentro do programa, Puerta del Cielo, de Francisco J. Criado, dedicáronlla aos catro ribadenses falecidos no accidente de tráfico ocorrido en Xove o pasado sábado para renderlles “unha pequena homenaxe”, explicou o director da Banda, David Ballester Martínez.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
04
Abr

MAÑÁ, 5 DE ABRIL, SERÁ O CONCERTO DE SEMANA SANTA DA BANDA DE RIBADEO, QUE ESTREARÁ TRES MARCHAS PROCESIONAIS.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará tres marchas procesionais no concerto de Semana Santa que ofrecerá mañá, mércores, na igrexa parroquial de Santa María do Campo.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →

Páxinas

Subscribe to RSS - Noticias