Noticias

21
Nov

NO CONCERTO DE SANTA CILLA A BANDA DE RIBADEO ESTREOU OITO PEZAS E ACTUARON TRES SOLISTAS.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, ofreceu o seu tradicional concerto de Santa Cilla hoxe sábado, no auditorio municipal Hernán Naval. Nesta actuación a Banda tocou por primeira vez oito das nove pezas incluídas no programa e participaron tres solistas: o pianista Andrés Manuel Bermúdez García, a frautista Carmén Cortés Moreda e o trompetista Ángel Muíña López.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
16
Nov

A BANDA DE RIBADEO OFRECERÁ O SEU CONCERTO DE SANTA CILLA ESTE SÁBADO NO AUDITORIO HERNÁN NAVAL. TOCARÁ OITO PEZAS POR PRIMEIRA VEZ E ACTUARÁN TRES SOLISTAS.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Santa Cilla este sábado, 20 de novembro, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval. Nesta actuación a Banda tocará por primeira vez oito das nove pezas incluídas no programa e participarán tres solistas.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
22
Ago

NO CONCERTO DE MÚSICA DE CINE A BANDA DE RIBADEO TOCOU POR PRIMEIRA VEZ NOVE DAS DOCE PEZAS DO PROGRAMA.

By: adm
Categoría: 
No concerto de música de cine, que tivo lugar onte á noite fronte ao edificio da Aduana ribadense coa proxección de fragmentos das películas nunha pantalla, a Banda de Música Municipal de Ribadeo interpretou por primeira vez nove das doce pezas incluídas no programa. O concerto contou coa afluencia de numeroso público na contorna do parque de San Francisco. 
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
17
Ago

A BANDA DE RIBADEO OFRECE O SEU TRADICIONAL CONCERTO DE MÚSICA DE CINE ESTE SÁBADO, DÍA 21, ENFRONTE DO EDIFICIO DE ADUANAS RIBADENSE.

By: adm
Categoría: 
A Banda de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto dedicado á música de cine este sábado, día 21, ás 22:00 horas enfronte do edificio de Aduanas ribadense, xunto ao parque de San Francisco. En caso de mal tempo esta actuación aprazaríase.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
26
Xul

DÚAS MÚSICAS DEBUTARON COA BANDA DE RIBADEO NO CONCERTO DO DÍA DA PATRIA CELEBRADO ONTE.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofreceu onte, domingo, o seu tradicional concerto do Día da Patria, actuación na que debutaron dúas novas compoñentes: Carlota Moledo Santamarina, co clarinete, e Antía Romero Prieto, na frauta.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
22
Xul

A BANDA DE RIBADEO OFRECE O SEU TRADICIONAL CONCERTO DO DÍA DA PATRIA ESTE DOMINGO ENFRONTE DO EDIFICIO DE ADUANAS. HABERÁ CONTROL DE AFORO E OUTRAS MEDIDAS ANTICOVID.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto do Día da Patria este domingo, día 25, enfronte do edificio de Aduanas. Haberá control de aforo e outras medidas anticovid.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
23
Mai

A BANDA DE RIBADEO OFRECEU O SEU PRIMEIRO CONCERTO DESTE ANO, PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. DEDICOU UNHA OBRA A HERNÁN NAVAL AO CUMPRIRSE 20 ANOS DO SEU PASAMENTO.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofreceu o seu primeiro concerto deste ano onte, sábado, para celebrar o Día das Letras Galegas e dedicou unha obra, Banda galega, a Hernán Naval ao cumprirse 20 anos do seu pasamento. A actuación foi no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz para cumprir as medidas derivadas da pandemia e evitar a súa propagación. 
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
19
Mai

A BANDA DE RIBADEO TRASLADA O CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS PARA ESTE SÁBADO, DÍA 22. SERÁ A SÚA PRIMEIRA ACTUACIÓN ESTE ANO.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo trasladou o seu tradicional concerto das Letras Galegas, que a semana pasada foi aprazado polo mal tempo, para este sábado, día 22, ás 20:00 horas no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz. Será a súa primeira actuación neste ano, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
 
O director da Banda ribadense, David Ballester, adiantou que no concerto deste sábado, para celebrar o Día das Letras Galegas, “a gran maioría das pezas que se interpretarán son obras galegas ou de temática galega”.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →
11
Mai

A BANDA DE RIBADEO OFRECERÁ O SEU TRADICIONAL CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS ESTE SÁBADO. SERÁ A SÚA PRIMEIRA ACTUACIÓN ESTE ANO.

By: adm
Categoría: 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas este sábado, día 15, no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz. Será a súa primeira actuación neste ano.
 
Facebook Twitter Vimeo Share to Stumble Upon More...
Ler máis →

Páxinas

Subscribe to RSS - Noticias